Un espazo para cada necesidade

En MANS, ofrecemos unha ampla variedade de espazos deseñados para cubrir calquera necesidade. Xa sexa que veñas emprender, consolidar o teu proxecto, impartir formación, celebrar un evento ou producir contido audiovisual, temos o lugar perfecto para ti.

As nosas instalacións son cómodas, abertas e adaptadas ao día a día da túa empresa ou startup. Desde salas para reunións ou formación ata cafetería ou ximnasio. Desde espazos de coworking ata a oficina que necesitas.

Ves emprender

Se estás a lanzar o teu proxecto, contamos con:

  • Espazo de coworking: Un entorno dinámico e colaborativo para emprendedores.
  • Oficinas unipersoais: Perfectas para iniciar o teu negocio con comodidade e privacidade.

Consolida o teu proxecto

Se a túa empresa está en crecemento e necesitas máis espazo:

  • Oficinas amplas: Con mobiliario adaptable e configuracións flexibles.
  • Salas de reunións: Para traballo en equipo, presentacións ou recibir clientes.

Queres celebrar un evento?

Para eventos empresariais, culturais o sociais, ofrecemos:

  • Salas modulares: Adaptables ao tamaño e formato do teu evento.
  • Plató: Un espazo amplo e versátil para eventos de maior envergadura.
  • Fundación Paideia: Un salón de actos luminoso e en pleno centro.

Necesitas producir contido audiovisual?

Se buscas un espazo profesional para produción audiovisual:

  • Plató con equipamento técnico: Ideal para gravacións de vídeo, anuncios e sesións de fotos.
  • Recursos audiovisuais a medida: Material de son, vídeo e streaming.
  • Equipo técnico especializado: Adaptámonos ás túas necesidades para garantir a mellor produción.

É hora de relaxarse

O equilibrio entre traballo e benestar é clave para a produtividade. En MANS tamén contamos con espazos comúns deseñados para o descanso e a socialización:

  • Cafetería: Un lugar perfecto para desconectar e compartir un café.
  • Sala de lecer: Para despexar a mente e gozar con compañeiros.
  • Ximnasio: Mantente activo sen saír do centro.

Outros servizos

Recepción

Conectividade (wifi e fibra)

Limpeza

Limpeza e mantemento

Cafetería

Ximnasio

Sala de reunións e formación

Centro MANS - Plató

Plató audiovisual

Sala de ocio

Asesoramento e networking

Seguridade

Parking

Aceso 24/7