Como xa é habitual tódolos anos no mes de decembro celebramos a nosa FESTA DE NADAL coas empresas do centro. Esta vez, repetimos o concurso KARAOKE e ademais, celebramos o noso 20 aniversario.

Con esta xornada pusimos fin aos eventos e xuntanzas celebrados ao longo de todo o 2024 co obxectivo de ofrecer formación e lugares de encontro onde aprender, coñecerse e relacionarse nun entorno de traballo único. Deste xeito, agardamos vervos no vindeiro ano e vos animamos a participar. Igualmente, se tedes calquer suxerencia vos agradecemos que nola fagades chegar para tela en conta de cara ao calendario do 2025.

Xa nos queda tan só desexarvos un bo comezo e agardamos que segan xurdindo ideas, sinerxias e sobre todo, gañas de colaborar e xerar comunidade.