O pasado 25 de xuño celebramos en MANS a nosa festa de verán con actividades, xantar e música no xardín para gozar e compartir momentos no noso espazo de traballo.

Dentro do marco das nosas Xornadas Mans, onde pretendemos ofrecer espazos de aprendizaxe, expansión e colaboración entre as diferentes empresas do centro, organizamos unha actividade da man de RetoqueRetro. Este colectivo artístico xunta os seus coñecementos e habilidades, buscando como obxectivo a reciclaxe con fins artísticos e concienciativos.

Nesta liña, realizouse un obradoiro no plató no que utilizando material de plástico recollido nas praias as persoas participantes foron quen de crear pezas que agora están expostas no comedor.

Ao rematar esta dinámica, xuntámonos co resto de empresas no xardín para degustalas paellas mentres escoitabamos algo de música e aproveitabamos a ocasión para falar coa xente de MANS.

Deste xeito, dimos a benvida ao periodo de vacacións e deixamos en pausa as Xornadas Mans ata a volta no mes de setembro onde retomaremos con forza as xuntanzas e os proxectos.

a fotoa saber más