O Centro de Iniciativas Empresariais MANS é un proxecto da Fundación Paideia Galiza, entidade sen ánimo de lucro, constituída en abril de 1986 como un espazo aberto á formación, investigación e á intervención no campo das Ciencias Humanas e Sociais. O CIE Mans nace coa vocación de ser un Centro de cultura empresarial innovadora, contando cunha diversidade de sectores e de expertos en áreas emerxentes e favorecendo a posta en marcha de proxectos empresariais.

Seguindo as liñas da política estratéxica de mellora continua e de prevención da contaminación a través da mellora da nosa contorna, a Dirección do CIE Mans decidiu a implantación dun sistema de Xestión, baseado no Regulamento EMAS en vigor cuns obxectivos claramente definidos e dirixidos cara á conservación do medioambiente. A finalidade do Sistema de Xestión Ambiental implantado en Mans é demostrar a súa capacidade para realizar os servizos ofertados (alugueiro de oficinas e/ou xestión do estudo de gravación) de forma que se satisfagan os requisitos do cliente e os requisitos regulamentarios aplicables en materia ambiental en consonancia coa nosa contorna.

Declaración Medioambental MANS

Declaración medioambiental MANS

Galego
Español
Política Medioambiental

Política medioambiental MANS

Galego
Español

Certificado EMAS Bronce

Registro EMAS

Certificado ISO 14001 (AENOR)

Certificado IQNet

Certificado ISO 14001 (IQNET-AENOR)

Manual uso

Manual de uso HC