• contacto@marmaideas.com
  • 981 910 202 / 660 634 975
  • Polígono Pocomaco, Quinta Avenida nº91 - Local 7 15190 A Coruña
Logo Marma - Centro Mans

Marma é una productora audiovisual con sede na Coruña.
Mariña Pérez e Matías Losada somos a cabeza visible de Marma, coñecémonos facendo o labor de produción e realización en programas da TVG e pronto nos uniu o gusto compartido pola calidade de imaxe, a harmonía, os valores emocionais, o interese por escoitar, por querer aprender de cada persoa e de cada sector, a vida saudable, o deporte, a gastronomía, a creatividade…
Todo iso lévanos a querer dirixir os nosos propios proxectos.
Desde o ano 2015 Marma produce vídeos de todos os sectores cun valor emocional… Cada proxecto novo é un reto creativo, tanto por temática, por enfoque, por contido ou por punto de vista.
Buscamos clientes inconformistas, rebeldes, con ganas de cambiar o mundo.
Somos ambiciosos, cremos no traballo e no talento. Consideramos que o vídeo é unha obra de arte, unha historia e sempre ten que entreter, o que nos fai buscar en cada proxecto a esencia, o que o fai verdadeiramente único.