Trátase dunha iniciativa creada como alternativa para o emprego de colectivos en desvantaxe social. Trébore Xardinería desenvolve a súa actividade no ámbito da xardinería tanto pública como privada, así como na produción e cultivo de plantas ornamentais. Ofrece servizos de mantemento, mellora e conservación de xardíns, execución de obras de xardinería e a realización de postas a punto en determinados momentos do ano (poda, abonado, roza…)