O Centro de Iniciativas Empresariais Mans ten como obxectivo o apoio á promoción de proxectos innovadores que favorecen o desenvolvemento económico, produtivo, social e cultural. Para iso pon ao dispor de persoas emprendedoras e empresas servizos e ferramentas coas que favorecer o desenvolvemento das súas ideas de negocio.

Mans é un espazo de coworking cómodo e flexible situado nunha contorna próxima a outras empresas que desenvolven actividades complementarias. Grazas ás xornadas de networking fomenta o intercambio de información e experiencias entre as distintas empresas e facilita o desenvolvemento do tecido empresarial en Galicia, promovendo a creación de emprego en sectores innovadores, diferenciados e estratéxicos.

Dispoñemos de oficinas e despachos privados de todos os tamaños e un coworking onde ofrecemos tarifas vantaxosas para empresas de recente creación. Se estás pensando cambiar de espazo de traballo non dubides en visitarnos ou solicitar información.