O Centro Mans
Promoción de proxectos e innovación
O Centro de Iniciativas Empresariais Mans ten como obxectivo o apoio á promoción de proxectos innovadores que favorecen o desenvolvemento económico, produtivo, social e cultural. Para iso pon ao dispor de persoas emprendedoras e empresas servizos e ferramentas coas que favorecer o desenvolvemento das súas ideas de negocio.
Viveiro de empresas e coworking
Mans é un espazo de coworking cómodo e flexible situado nunha contorna próxima a outras empresas que desenvolven actividades complementarias. Grazas ás xornadas de networking fomenta el intercambio de información y experiencias entre las distintas empresas y facilita el desarrollo del tejido empresarial en Galicia, promoviendo la creación de empleo en sectores innovadores, diferenciados y estratégicos.
Dispoñemos de oficinas e despachos privados de todos os tamaños e un coworking onde ofrecemos tarifas vantaxosas para empresas de recente creación. Se te estás expondo cambiar de espazo de traballo non dubides en visitarnos ou solicitar información.


Estudios Mans
Estudo de gravación e plató audiovisual
No mesmo Centro de Iniciativas Empresariais Mans atopamos este estudo de gravación único polas súas dimensións, cun estudio de 240 m2 e un croma de 15m x 5m. Con todo o equipamento necesario para gravar as túas cancións ou o teu disco, rodar anuncios publicitarios, sesións de fotografía, videoclips ou organizar o teu evento.
Promoción e difusión de artistas emerxentes
Coa finalidade de visibilizar os talentos máis emerxentes cada ano buscamos marcos de promoción a través de proxectos propios, levados a cabo mediante convenios con entidades e empresas dedicadas aos espectáculos. Nestes programas teñen a oportunidade de mostrar os seus proxectos en grandes escenarios de Festivais e Salas, participar en circuítos musicais ou soar en emisoras de recoñecemento nacional.
Otros espazos
Sede Mans Padrón
Mans Padrón é un Edificio histórico do s. XVIII rehabilitado cun deseño moderno e funcional, óptimo para o desenvolvemento de reunións, seminarios ou xornadas.
Coworking aberto a profesionais de todos os sectores, autónomos ou pemes, con interese por traballar desde o rural e xerar comunidade.
Diversidade de salas con capacidade ata 45 persoas e a dispoñibilidade de medios técnicos: proxectores de alta definición, pantalla de proxección, portátil, papelógrafo, lousa etc.
Os seus espazos, a súa contorna e o equipo Mans confírenlle unha inmellorable atmosfera de traballo. Ademais, a localización estratéxica a nivel rexional e as súas boas comunicacións constitúen un valor engadido.


Sede Fundación Paideia Galiza
Dentro dos recursos que ofrece Mans, a Fundación Paideia pon ao dispor a súa sede na Praza de María Pita, en pleno centro da Coruña. Este espazo, de 600 m², combina a elegancia das galerías tradicionais cun deseño moderno e funcional, é perfecto para eventos, reunións profesionais, seminarios e presentacións.
O maior espazo do que dispón é o seu auditorio, un salón de actos con capacidade para 90 persoas, equipado con: sistemas de son profesional, microfonía inalámbrica, proxectores de alta definición e reprodución audiovisual en formato Blu-ray. Deseño pensado para ofrecer moi boa experiencia acústica e visual, o lugar idóneo para conferencias, mesas redondas, presentacións e actos institucionais.
Ademais, a sede conta con outras dúas salas de reunións e espazos de traballo adaptados a diferentes necesidades, todo iso nunha localización excepcional. Situado nunha das prazas máis emblemáticas da cidade e con vistas ao mar, este espazo non só ofrece funcionalidade e equipamento de alto nivel, senón tamén unha contorna inspiradora que fomenta a creatividade e a conexión entre profesionais.