Este mes de febreiro será o último para solicitar as axudas PEL que pretenden apoiar a consolidación e o fomento do tecido empresarial galego mediante distintas liñas de axudas:

  • PEL Emprende Investimento: apoio ao investimento en bens inventariables centrado nos concellos que conten con menos de 10.000 habitantes.
  • PEL Autónomas/os: procuran o fomento do emprendemento e do traballo por conta propia en municipios de A Coruña que non superen os 20.000 habitantes.
  • PEL Pemes creación e ampliación: axudas para a contratación de persoal de pequeñas, medianas empresas e microempresas coa intención de crear ou ampliar persoal nas mesmas en concellos con menos de 20.000 habitantes.
  • PEL Pemes mantemento: financiación para poder manter o persoal de pequeñas, medianas empresas e microempresas que residan en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.

O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e a solicitude soamente poderase presentar de maneira telemática a través da plataforma SUBTeL.

Para empresas que pidan estas axudas no ano 2024 por primeira vez será necesario acceder á solicitude mediante certificado dixital. Sen embargo, aquelas que xa teñan creado un usuario e contrasinal se recomendará iniciar sesión coas mesmas credenciais para non perder a información anteriormente asociada ao seu caso.

En principio estas axudas son compatibles entre si, ainda que non será posible a concesión no caso doutras subvencións da Deputación. En canto a axuda PEL Autónomos é a única das catro liñas incompatible con calquera outra subvención pública ou privada para financiar os mesmos conceptos.

Como xa avisamos nun inicio, o prazo máximo para presentar a solicitude é o 22 de febreiro ás 14 horas e o prazo máximo para resolver será de 9 meses a contar desde o día de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Se cres que calquera destas axudas aplican a túa situación non o dubides e preséntaa antes de que remate o prazo.