O Centro de Iniciativas Empresariais MANS sitúase entre os tres mellores viveiros de España da súa categoría segundo o ranking FUNCAS, centro de análise dedicado á investigación económica e social que analizou máis de 400 centros en todo o estado. O CIE da Fundación Paideia Galiza acada o 3º posto estatal na categoría de viveiros medianos-intermedios e sitúase como o 4º mellor de Galicia na categoría global.

Destaca o labor de MANS como un proxecto que conta cun profundo impacto social e no que a innovación e a sostibilidade teñen unha forte presenza. Ademáis de ser un espazo colaborativo onde se impulsan ideas e se consolidan negocios, tamén se ofrece formación e impulso aos proxectos culturais tanto en música como en danza a través de ESTUDIOS MANS e o seu plató de gravación.

Este viveiro de empresas ofrece oficinas, espazo coworking e unha gran variedade de servizos tanto na súa sede da Coruña como na de Padrón. Espazos flexibles cunha comunidade dinámica na que son frecuentes os eventos e as actividades para xerar comunidade.

Compartimos noticias de varios medios que se fixeron eco do recoñecemento, tanto nas redaccións da Coruña como nas de Santiago:

CIE MANS DE PADRÓN | El CIE Mans, con una sede en Padrón, es un vivero referente a nivel estatal

A Coruña coloca al Centro de Iniciativas Empresaliares Mans entre los mejores viveros de empresas de España

El Centro de Iniciativas Mans entre los mejores viveros del país