No CIE MANS ademais de ofrecer un lugar de traballo, facemos un esforzo por favorecer espazos colaborativos nos que coñecer a outras persoas e fomentar as relacións tanto persoais como profesionais. Neste mes de abril, despois do programa especial de emprendemento co programa de radio, fixemos una presentación dunha nova actividade que suscitou un interese considerable e demostra canto se agradecen este tipo de iniciativas.
Da man de Mariana Carballal, actriz e docente na Universidade de Vigo, fixemos unha proposta enfocada en mellorar as habilidades sociais e comunicativas e o traballo en equipo. A ferramente, podería ser un obradoiro de teatro que en clave de humor nos axude a recoñecer e interpretar roles, comunicar os nosos valores e seguir facendo comunidade.
Agradecemos a asistencia e boa disposición de todas as persoas participantes e agardamos xuntarnos de novo no mes de xuño.
Se ti tamén queres apuntarte, non o dubides a comenta con nós.






