No CIE MANS procuramos realizar actividades durante todo o ano para as nosas empresas e ao mesmo tempo desenvolvemos eventos e visitas que poden resultar de interese para ambas partes. Neste último tramo de ano recibimos ás alumnas e os alumnos do IES URBANO LUGRÍS e tamén do Centro Integrado de Emprego de Pontedeume. Ambos centros repetían o encontro xa que os anteriores resultaron de gran proveito para tod@s.

No primeiro caso, ao tratarse de alumnado dos ciclos Ciclos de STI (Sistemas de Telecomunicacións) e Mel (Mantemento Electrónico) a súa coordinadora de emprendemento solicitou a visita de novo a INUSUAL COMUNICACIÓN INNOVADORA. Alí a visita foi de gran interese xa que foi posible coñecer o SHOWROOM cos seus mellores productos e incluso probar algún deles. Despois, visitamos o almacén e o seu equipo explicounos paso a paso todo o proceso dende a produción ata a venda e a exportación.

Pola súa banda, o centro de FP de Pontedeume trouxo a MANS un grupo de persoas que se está formando en hostelería e comercio para comprobar pola súa man como é un centro de negocios e, sobre todo, a experiencia emprendedora. As compañeiras da cooperativa de MEDATLANTIA foron o exemplo perfecto para iso.

Igualmente, recibimos unhas charlas de parte do equipo de Xuventude da Fundación Paideia para escoitar as oportunidades que se ofrecen co programa do VOLUNTARIADO EUROPEO e o quipo de ESTUDIOS MANS explicou os seus programas formativos e todo o material co que contan día a día para as súas gravacións.

Agardamos que o vindeiro ano sexa posible seguir mostrando o CIE como un espazo colaborativo onde medrar e relacionarse como viñemos facendo ata agora.