Despois do descanso estival, voltamos coas nosas Xornadas Mans onde as empresas poden coñecerse, desfrutar aprendendo mentras ten lugar unha actividade e ademais, nesta ocasión, puideron probar o fruto do seu traballo. Da man de Diego de @pandejuevo elaboramos unhas deliciosas galletas de manteiga cunha receita moi sinxela que constaba de: 250 gr de fariña, 200 gr de manteiga, 65 gr de azucre e 1 cucharadiña de sal. Mentras as galletas se facían no forno, no propio comedor do centro, degustamos un almorzo estupendo cos productos artesáns que podedes ver nas fotos: o delicioso pan de juevo, que lle da nome ao negocio, madalenas recheas de chocolate, galletas de todo tipo, donuts e para acompañar, por suposto, un bo café e infusións.

Nesta ocasión contamos coa presenza e participación de Guillermo Vergara e Raquel Lagares dende o equipo do CIE MANS e persoas colaboradoras das empresas: MARMA, INDA INICIATIVAS, INUSUAL, SOFTTEK, FUNDACIÓN SANTA MARÍA LA REAL, DENALI DEVELOPMENT, MEDATLANTIARAMINATRANS e SEDIX.

Iniciamos a actividade presentándonos e compartindo co resto de asistentes cal era a nosa actividade diaria no CIE. Ao rematar, ademais de levar as galletas para as nosas oficinas, quedamos en vernos na seguinte xuntanza que sería a FESTA DE NADAL.