O próximo 15 de Xullo terá lugar unha Xornada técnica onde, coa participación do Presidente do Instituto de Crédito Oficial e o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, se presentarán os instrumentos de financiamento para as PEMES galegas, que a Xunta de Galicia e o ICO poñen a súa disposición. 

O encontro terá lugar a partir das 10:00 horas, no Auditorio 1 do Edificio CINC na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Para acudir é necesario enviar confirmación ao enderezo: mpc@igape.es