• Coworking Mans Padrón
  • Coworking Mans Padrón
  • Coworking Mans Padrón
  • Coworking Mans Padrón
  • Coworking Mans Padrón
  • Coworking Mans Padrón
  • Coworking Mans Padrón
  • Coworking Mans Padrón
Fondo Centro Mans
Fondo Centro Mans

COWORKING
PADRÓN

Se andas na procura dunha contorna máis relaxada, rodeada de espazos verdes, Mans Padrón é un coworking aberto a profesionais de todos os sectores, autónomos ou pemes, con interese por traballar desde o rural e xerar comunidade. Está situado nun edificio rehabilitado de alto valor histórico e conta cunha ampla oferta loxística orientada ao desenvolvemento da actividade empresarial. En Mans Padrón atoparás postos de traballo fixos, exclusivos para cada coworker durante toda a súa estancia, totalmente amoblados en oficina individual ou compartida, en función das túas necesidades.

Os seus espazos, a súa contorna e o equipo Mans confírenlle unha inmellorable atmosfera de traballo. Ademais, a localización estratéxica a nivel rexional e as súas boas comunicacións constitúen un valor engadido para os coworkers. Aparcar nunca será un problema xa que conta con aparcadoiro público adxacente. Mans pode ser un interesante punto de encontro (ou de partida) con clientes, provedores, socios, traballadores… cos que compartir ideas ou intercambiar experiencias.

Servizos

  • WI-FI

  • Sala de reunións

  • Sala de eventos

  • Recepción

  • Zona office

  • Xardín botánico

  • Taquillas

  • Reprografía

  • Equipo audiovisual

  • Videoconferencia

  • Servizo de correspondencia

  • Calefacción

  • Sistema de seguridade

  • Control de acceso

  • Limpeza

Contacta

Espazo Coworking en Padón

Lugar da Escravitude, s/n

15980 Padrón (A Coruña)

Telf. +34 981 817 000

e-mail: mans.padron@paideia.es

Mensaxe

Mediante o envío deste formulario, estás a aceptar nosa política de privacidade.